Mica (Galego)

 Coma o tesouro que sae do negro da terra.

Brillan os teus ollos. Os que confundin cunha estrela.

¿Lembras? Caín do chan lanzado fóra de órbita...

Dos teus beizos de sangue perdidos na néboa.


Eu quixen voltar pero envolto nunha nebulosa

resigneime a mudar nunha masa gaseosa

Que fixo en ti o big bang con música calada e silenciosa.

E pola noite, frores, todas de pedra agás unha rosa.

 

Mais por moito que brilles, as tuas ás son de cerámica.

 E como todos os tesouros da terra, estás petrificada.

Conxeada nun aglomerado, como as pintas de mica

nun bloque de granito sen principio nin meta.

 

Fermosa, como o diamante aprisionado na pedra.

 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Todo va a ir bien...

A merced do lobo. (Galego)

Y si te caes...