Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2021

Mica (Galego)

 Coma o tesouro que sae do negro da terra. Brillan os teus ollos. Os que confundin cunha estrela. ¿Lembras? Caín do chan lanzado fóra de órbita... Dos teus beizos de sangue perdidos na néboa. Eu quixen voltar pero envolto nunha nebulosa resigneime a mudar nunha masa gaseosa Que fixo en ti o big bang con música calada e silenciosa. E pola noite, frores, todas de pedra agás unha rosa.   Mais por moito que brilles, as tuas ás son de cerámica.  E como todos os tesouros da terra, estás petrificada. Conxeada nun aglomerado, como as pintas de mica nun bloque de granito sen principio nin meta.   Fermosa, como o diamante aprisionado na pedra.    

A merced do lobo. (Galego)

Pechei a pechadura con forza, sentindo na gorxa Os seus pesados pasos do outro lado da porta. Pero por arrebato do destino non me din conta. Que tentei pechar O Lobo nunha casa abandonada    Lume, dor... ó sentir o aroma da súa pestilencia. Como dez cachuchas tiradas nunha zanxa deixadas dez días cubertas de vermes e auga.   Peste negra, Matavacas, non me preguntes a resposta. A unha pregunta que xa sabes que está morta. Asasinada por un cobarde que a rematou pola espalda.   Culpable!, ¡Son culpable de ser eu!, ¡De perdela! Era todos os paos das cartas da miña barallla E agora aquí estás, Peste. Porque non quero seguir na partida. Entón, unha poderosa, áspera e húmida pata. Arrincoume o aire aplastándome contra a porta. "Non me culpes a min de querer cambiar o amor por mentira"   Dixo cunha voz alén das tumbas e a neve recén nacida.   "Eu só son a sombra que vive baixo a túa cama"  "A nube que mata o sol da túa fráxil alba" "Non a lingua traidora que