A merced do lobo. (Galego)

Pechei a pechadura con forza, sentindo na gorxa

Os seus pesados pasos do outro lado da porta.

Pero por arrebato do destino non me din conta.


Que tentei pechar O Lobo nunha casa abandonada

 

 Lume, dor... ó sentir o aroma da súa pestilencia.

Como dez cachuchas tiradas nunha zanxa

deixadas dez días cubertas de vermes e auga.

 

Peste negra, Matavacas, non me preguntes a resposta.

A unha pregunta que xa sabes que está morta.

Asasinada por un cobarde que a rematou pola espalda.

 

Culpable!, ¡Son culpable de ser eu!, ¡De perdela!

Era todos os paos das cartas da miña barallla

E agora aquí estás, Peste. Porque non quero seguir na partida.


Entón, unha poderosa, áspera e húmida pata.

Arrincoume o aire aplastándome contra a porta.

"Non me culpes a min de querer cambiar o amor por mentira"

 

Dixo cunha voz alén das tumbas e a neve recén nacida.

 

"Eu só son a sombra que vive baixo a túa cama"

 "A nube que mata o sol da túa fráxil alba"

"Non a lingua traidora que escondes ben agochada"


Outra pata deume o frío e unha lingua morada deixou a neve na miña cara.

 

Dentes negros e afiados gardaban a entrada

a unha cova negra na que berraba a condena

de centos de ánimas coma a miña.

 

Así que aquí remata. / Aquí remata a túa viaxe...

Non hay bálsamo para a miña alma/ Solo as lapas fillas da carraxe...

¡Pero aínda me queda por xogar unha carta!/ Se pechas os ollos será algo máis agradable...

 

A escopeta disparouse, deixando un boquete a altura dos ollos.

No chineiro de atrás, escoitouse ao lonxe como se rompían os pratos.

Menos mal que eu era o último dos veciños...

 

" Qué considerado ao non querer despertar a ninguén no medio da noite".

"Veña, tes moito camiño que percorrer ata poderte deitar, Érgete."


Confuso de que existira máis alá, preguntei ca mitad da miña cara:

¿E agora?

"Agora ti queres deixar de ser, fundirte ca nada. E eu teño fame"

 








Comentarios

Entradas populares de este blog

Todo va a ir bien...

Y si te caes...