Lareira

Lareira.

Inda lembra o lume da lareira.
Nado das mans expertas da súa avoa.
Lume de leña, sacada do monte.
Carballo fendido pra acender o fogar.

Sen querelo, a extraña morriña...
Nada por aqueles que xa non están.
Invade con gris o seu pensamento.
Tentando prender un lume extinto fai xa moito tempo.
O saio a cadros azuis e brancos.
Cabelo de neve con anteollos pequenos.
Grandes palabras, amor sen miolos.
E unha voz que agora asolaga os seus ollos.

Il pediría máis lume.Para quentar o corazón.
Pero xa non queda máis leña, polo menos pra él non.
Il querería volver a vela. Para pedirlle perdón.
Pero ese tempo foi outro. Ela hai moito que marchou.

Quere chover e quere chover. Tra los seus ollos xa non podo ver.
Unha lareira, sempre prendida. Coma a da casa na que él vivira.
Quere chover e quere chover. Tra los seus ollos eu non podo ver.
Unha lareira sempre prendida. Coma a da casa na que él vivira.
Quere chover e quere chover. Desde aquel día non sabe querer.
Unha lareira sempre prendida. Que espante o frío e peche a ferida.
Quere chover e quere chover. Desde aquel día non sabe querer.
Unha lareira sempre prendida. Que espante o frío e peche a ferida.

Non quiso ser mariñeiro. Tampouco mal leñador.
Pero fendeu dez carballos. Para espantar a dor.
Sen barco e sen barquiña, na morriña naufragou.
Agora chora perdido. Chora bágoas de chumbo.

Naquela vella lareira, xa ninguén prende o forno.
Xa non se botan partidas porque as cartas xa queimou.
Chora que chora bagoiñas. Fonte é o seu corazón.
Xa encheron a cociña e afogan a súa dor.

Xa marcharon case todos, lonxe da súa visión.
Remataron as apertas e os lumes da paixón.
Corda colga da figueira, rematada nun nó
Mal sino lle predigo a este probe  sufridor.


Quere chover e quere chover. Tra los seus ollos xa non podo ver.
Unha lareira, sempre prendida. Coma a da casa na que él vivira.
Quere chover e quere chover. Tra los seus ollos eu non podo ver.
Unha lareira sempre prendida. Coma a da casa na que él vivira.
Quere chover e quere chover. Dende aquel día non sabe que facer.
Unha lareira sempre prendida. Que traia o lume que o quentou un día.
Quere chover e quere chover. Dende aquel día non sabe que facer
Unha lareira sempre prendida. Que traia o lume que o quentou un día.







Comentarios

Entradas populares de este blog

Todo va a ir bien...

A merced do lobo. (Galego)

Y si te caes...