Lúa de sangue.

Chega a lúa a esta terra...
-acude a min!- chama desde a escura distancia.
Non se ve nada. O mundo morreu na sombra...
non hay unha soa estrela aló enriba...

Onde sempre atopas esperanza.
Onde sempre gañas sabedoría.

Chegou silente e princesa. Deusa branca branca, hinchada e parturenta.
E con ela, un denso vestido de brétema, tributo e presente do amante da costa.

-Mira, poeta!-. Berra en silencio.
Cunha forza que me atravesa.
Cando se dirixe a min dese xeito, qué se pode agardar?
Xa vin o lobo no alto, as caras sen gafas, xa te vin marchar e oubiei na túa honra.

Pero coma sempre.
Gañas todos os mellores soños e miradas.

Tinguida de sangue, roxa e vermella consorte de marte.
Non podo facer outra cousa que non sexa amarte.
Entregarche unha vez máis o dragón e o soño.

Pero coma sempre.
Nunca e suficiente.

Deusa branca, negra, rosa, loura e agora vermella.
Esta noite non é para os vivos.
Sen barreiras, mellor evitar os cruces de camiños.
Para non topar con aquelo que pasa.

-Presumida!-non podo se non berrar en silencio absoluto.
Non pola túa forma o escala cromática.
Senon polo mal hábito de tapar o ceo...
cun manto de densa brétema.

-Poeta! Mira!- tentas de novo...
e eu, sumiso escravo vexo.
Revelas o firmamento...
so para verte en negro e branco.
Unha representación perfecta do Tao.

E agora o momento final.
Cando non e seguro saír fora.
Cando se ven luces de vellos candiles entre a brétema...
e as ánimas buscan un anclaxe carnal.

Hora de abandonar a vixilia.
Hora de cancións cantar.
Tempo de que as fronteiras volten.
Tempo de comezar a soñar.

E xa na cama e ben tapado.
Aínda un treme co medo.
Pois nas portas petando.
Están os que marcharon xa fai tempo.

Tempo e deusa Lúa!
de devolvelos ao seu mundo!
Que xa coa Santa Compaña!
Chéganos dabondo!

En fin. A noite máxica da sangue...
estivo chea de mitoloxía...
pero agora que me colleu o medo e a friaxe...
teño ganas de que chegue o día...




Comentarios

Entradas populares de este blog

Todo va a ir bien...

A merced do lobo. (Galego)

Y si te caes...