Pechei a pechadura con forza, sentindo na gorxa Os seus pesados pasos do outro lado da porta. Pero por arrebato do destino non me din conta. Que tentei pechar O Lobo nunha casa abandonada Lume, dor... ó sentir o aroma da súa pestilencia. Como dez cachuchas tiradas nunha zanxa deixadas dez días cubertas de vermes e auga. Peste negra, Matavacas, non me preguntes a resposta. A unha pregunta que xa sabes que está morta. Asasinada por un cobarde que a rematou pola espalda. Culpable!, ¡Son culpable de ser eu!, ¡De perdela! Era todos os paos das cartas da miña barallla E agora aquí estás, Peste. Porque non quero seguir na partida. Entón, unha poderosa, áspera e húmida pata. Arrincoume o aire aplastándome contra a porta. "Non me culpes a min de querer cambiar o amor por mentira" Dixo cunha voz alén das tumbas e a neve recén nacida. "Eu só son a sombra que vive baixo a túa cama" "A nube que mata o sol da túa fráxil alba" "Non a lingua traidora que
Comentarios
Publicar un comentario