Canto da miña avoa.

Camiño polo prado
camín da miña casa
camiño pola leira
que eu nunca traballara

Camiño pola leira
dun pasado que será futuro
mais alá das portas da morte
onde viaxei no meu soño...

E ali, nesa leira
traballaba miña avoa
co sacho na man, e ca faciana esquecida
buscaballe o leiro as cóxegas

E ela cantaba:

E un dia seran os vellos
os que camiñen cas espaldas rectas
os que pinten sorrisos nas facianas
de todos os seres queridos

As miñas bagoas son grosas e xenerosas
con meses de perdón, abandonan a miña cara
As miñas son quentes e acidosas
con anos de esquecemento, amosan a sua faciana

Camiño polo prado
dentro de un pensamento
sen deixar nunca de chorar
sentindome podre por dentro.

Camiño pola leira
polo prado do destino
que pode a ser a fonte do corvo
ou tamén ser o estivo.

Pero ai algo que non cambia
a miña avoa e o testigo
un faro do outro mundo
para que eu non perda o camiño

E ela cantaba:

Chegara o dia no que os vellos
tentaran tender na roupa
levantarse sos da cama
e comer na mesa da cociña

Chegara o dia que os vellos
abriran de novo os ollos
calmaran a saudade
amosando a verdade...

Baixo pola leira, xa casi estou no final
non vexo a nada nin naide
solo un verde prado que nin empeza nin remata...
por favor... axudademe!.

E enton escoito ao fondo a voz da miña avoa cantando:

Chegara o dia que os vellos
seguiran o teu camiño
por agora non estas morto...
Desperta Ninín! Desperta Neniño!...

Chegara o dia que os vellos
deixaran os seus fogares
camiñaran coa espalda recta...
traballarán as leiras dos seus pais....

As miñas bagoas non cesan por moito que o intento....
agora que estou esperto.
Caen como sordos testigos
de que algo pasou ai dentro...

Chegara o día que os vellos
voltaran coma peregrinos
e no rostro dos seres queridos
pintaran un sorriso...

Comentarios

Entradas populares de este blog

Todo va a ir bien...

Y si te caes...

A merced do lobo. (Galego)